InicioOPINIÓNEu vivín outro Instituito Oceanográfico

Eu vivín outro Instituito Oceanográfico

Publicada o

Por Ricardo Vales

Torcuato Teixeira asegurou o pasado martes, día 7, no transcurso dun acto celebrado na ateigada sé da sempre activa e entusiasta Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que o Instituto Español de Oceanografía (IEO) non está nen se lle espera na polémica xurdida en torno aos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), deseñado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e consistente na instalación de parques eólicos mariños. Nada que obxetar. Nen ao que Teixeira afirma nen a cantas opinións dispares e algunhas ata contraditorias puiden recabar sobre o actual papel do IEO logo da súa incorporación ao organigrama do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Mais as afirmacións do asesor xuridíco da Federación Nacional de Cofradías suxírenme algunha reflexión sobre o momento actual do IEO, por canto desenvolvín prácticamente toda a miña vida laboral no laboratorio da Coruña desta institución científica. O IEO sempre foi un organismo público de investigación dependente da administración central, a través de varios ministerios, cuxos traballos centráronse principalmente en tres grandes áreas: recursos vivos mariños e peixerías, medio mariño e protección ambiental e acuicultura. Os seus estudos sempre constituiron a base científica axeitada para que a administración puidera formular as chaves precisas para unha explotación sostíbel dos mares, xa que os recursos pesqueiros non son ilimitados. Conscentes, pois, de que actividade pesqueira incide na evolución das diferentes poboacións de peixes ao longo do tempo a través do esforzo de pesca exercido (número de buques, potencia e días de pesca) mais tamén das artes empregadas (tamaño e mallas das redes) os resultados obtidos desembocaron na posta en práctica de medidas de xestión racionais e sostibeis con evidentes sacrificios por parte do conxunto dos pescadores.
Instituto Oceanográfico / IEO
Pois ben, cando se trata de dispoñer da mellor información para calibrar a incidencia real dos parques eólicos na actividade pesqueira, non me resisto un ápice, como tantos que coñecimos o gran servizo do IEO no horizonte de acadar un mellor coñecemento dos mares, a denunciar o seu silenzo, ao igual que o do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, deixándolle toda a iniciativa ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e a súa inefábel titular Teresa Ribera, descoñecedores ambos de toda a vertente pesqueira e as súas implicacións máis inmediatas para Galiza en forma de postos de traballo e alimentación san polos efectos do incremento da presión medioambiental que se prevé exercerán os parques eólicos. Á situación resulta tanto máis lamentábel  canto que o mar, ao igual que os recursos básicos dos que depende o planeta están xa a sofrir un preocupante desgaste debido ás crecentes e moitas veces desordenadas demandas da humanidade, polo que a mellor ferramenta dispoñíbel para  facerlle frontre é a investigación. De aí que o IEO teña que recuperar a idea do seu fundador, Odón de Buen, en 1914, fiel ao seu esquema de valores e as súas esixencias profesionais.
Ricardo Vales foi membro do Equipo de Peixerías do Laboratorio da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO)

ÚLTIMAS

O conflito laboral en Jardincelas volve ás rúas de Cambre e Culleredo

Parecía, aló por febreiro, que o conflito laboral en Jardincelas ía camiño de solucionarse....

Un tren da liña A Coruña e Vigo sofre un conato de incendio que provoca un atraso de 40 minutos

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Alcaldes socialistas acusan á Xunta de “afogar” aos municipios: “A factura das competencias impropias ascende a 600 millóns ao ano”

O consello de alcaldes socialistas da provincia da Coruña acusou á Xunta de "afogar" ás economías...

A veciñanza pide rescatar a liña de bus 10 para o barrio da Sagrada Familia

A política urbanística municipal leva anos apostando por unha humanización das nosas rúas, pola...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here